sábado, 11 de junio de 2011

Tes 88 años. Xuntos tan só levamos 17. Tardei 71 anos en atoparte. Non recordo que foi o que fixen ate entón, pero dende que iso ocorreu, teño que decir que non podo vivir sen ti. A primeira vez que fun a túa casa, habería ter 4 anos. Pouco sabía de ti ate entón, pero aquel día todo trocou. Nestes 17 anos, creo que puiden disfrutar plenamente dos contrastes que o destino che ofrece. Ao principio creía que dende que estabamos xuntos, todo ía na correcta dirección e que ninguén sería quen de facelo cambiar. Chegamos a ser os máis grandes, a por a media Europa os nosos pés, a que o noso nome soase forte en calqueira recuncho do vello continente. Visitamos grandes templos, algúns máis pequenos, pero houbo un tempo en que todos caían conquistados, ante o noso paso. Logo, cando xa estabamos tocando o ceo case coma nunca, todo se viu truncado. Un empurrón e caimos no foso. Bueno, o mal non foi de todo grave, un aniño tardamos en recuperarnos. Creíamos que fora suficiente, e que aprenderamos daquel sufrimento. Pero nada, dous anos máis tarde e o empurrón definitivo, tornaría facernos merda. 4 anos despóis, o temos moi preto outra vez. Cando xa estabamos case no olvido de todos, o alento chegou para agarrarnos ao último peldaño que nos saque do inferno. Custará, pero a nosa ilusión é a mesma ou maior, que a que tiñamos cando íamos por Europa aplastando a uns e a outros. Agora o obxetivo é moi distinto, pero o resultado ha de ser o  mesmo. So pensamos nunha cousa, e non pararemos ate lograla. Ate a vitoria sempre!

No hay comentarios:

Publicar un comentario