lunes, 13 de junio de 2011

11 meses despóis, logo dunha tempada chea de ilusión, un penalty devolveunos a realidade. Esa na que todavía non creo estar. O partido do Sábado tan só foi o culmen a un ano cuberto de altibaixos. Xustificados ou non, o certo é que logo de estar por moitas semanas na gloria, pouco a pouco fumos dependendo do resto. Inxustos 120 minutos que nos roubaron un sono. Un sono que ocupou a miña mente durante todo-los días na última tempada. Foron sucedendome millares de cousas, pero como decía aquel, mentres eu tan só esperaba poder disfrutar do regreso do meu equipo a máxima categoría. Agora que xa non é posible, tan só queda esperar. Ate cando non o sabe ninguén. Este ano estaba todo máis preto que nunca. Dende que renovei o abono fai agora máis de ano e medio, ate a pasada semana, tivan fé cega en que este sería o ano, e o grupo que nos tornaría levar o máis alto. Un penalty foi o culpable de todo. Ou tal vez dous. Ou tal vez un partido. Ou incluso varios foron os culpables do erro. Xa non se pode tornar atrás. So queda ver hacia o futuro, coa misma esperanza que tiña fai dúas semanas e tentando non pensar no ocurrido fai unhas poucas de horas. Nada que reprochar. Grazas a todos por deixarme soñar durante meses e meses. Grazas Celta

No hay comentarios:

Publicar un comentario